PORTFOLIO

Isaac Rivadulla Matalobos (A Estrada, 1995)

Graduado en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, realizando mobilidade sicue na Universidad de Sevilla e a Universidad de Granada.

A súa experiencia no ámbito cinematográfico pasa pola realización de diversas curtametraxes. Abarca desde a escritura de guións á dirección cinematográfica, edición de vídeo e motion graphics.

Ademais realizou labores como reportaxes sociais, deseño gráfico, anuncios publicitarios e comunicación política.

Membro fundador de Gancho Producións, colectivo audiovisual creado en 2013. Unha aposta polo cinema concibido con recursos propios e en sintonía co contorno. Tratando de buscar a forma máis honesta e resolutiva de contar historias sen deixar de lado o respecto pola profesión.


MOVEMENTO VECIÑAL ESTRADENSE (MÓVETE)
PARTIDO POLÍTICO – 2019
BRANDING POLÍTICO • COMUNICACIÓN

Branding político e comunicación política.

Deseño gráfico: realización de logotipos, símbolos, elementos visuais e tipografías.

Realización de vídeos de campaña.

Deseño de RRSS.


XANELA
DOCUMENTAL COLABORATIVO
DESEÑO DE RRSS • MOTION GRAPHICS • EDICIÓN AUDIOVISUAL – 2020

Xanela é un proxecto audiovisual colaborativo sobre o confinamento provocado pola COVID-19. O obxectivo do proxecto é crear un retrato colectivo da sociedade durante o estado de alarma producido pola Covid-19 mediante aportes dos participantes, xa sexa en forma de vídeos, fotografías ou arquivos de audio.


A CORTADOS
SERIE WEB – 2019
DIRECTOR • GUIONISTA • MONTADOR

A Cortados é unha webserie composta por seis curtametraxes de diferentes xéneros que, ademais, son autoconclusivos. É dicir, non hai unha relación entre eles, nin sequera o reparto é o mesmo. Sen embargo, o fío conductor é o CAFÉ. O café non ten por que aparecer como un elemento protagonista, pero en cada capítulo sempre hai algunha referencia, por mínima que poida parecer. É que A Cortados é unha serie feita para desfrutar mentres tomas un café, esperas o bus, estás no retrete… En definitiva, unha ficción para encher eses ocos de tempo que temos día a día.

Finalista Premios Mestre Mateo – Mellor Serie Web.


NO FÍO
CURTAMETRAXE – 2020
DIRECTOR • GUIONISTA • MONTADOR

Unha rapaza debe afrontar a realidade, madurar e deixar atrás os recordos.

Sección Oficial – Panic, festival de terror da Estrada.


35mm
CURTAMETRAXE DOCUMENTAL – 2015

Curtametraxe documental sobre o proceso de montaxe dunha película de 35mm para a súa exhibición en salas comerciais.


Fútbol Gaélico | Torneo ibérico A Estrada
VÍDEO CORPORATIVO – 2015

Reportaxe realizada para Irmandinhos FG sobre a celebración do torneo ibérico de fútbol gaélico, que tivo lugar na Estrada.


NOITE DE REIS
REPORTAXE SOCIAL – 2015

Reportaxe sobre a cabalgata de reis realizado para o Concello da Estrada.


XAVIER DOLAN // FACES
SUPERCUT – 2018

As historias de Xavier Dolan tratan sobre personaxes. Non hai grandes efectos especiais ou enormes decorados. Para que o público empatice cos seus personaxes o director móstranos os seus rostros, as súas expresións, emocións e xestos de maneira recorrente, abundando o uso de primeiros planos e fuxindo de formatos panorámicos. Este vídeo-ensaio é unha mostra da efectividade do devandito método.


HANEKE’S FUNNY GAMES // Shot-for-shot
SUPERCUT – 2020

A intención de Michael Haneke ao realizar ‘Funny Games’ en 1997 era facer reflexionar ao espectador sobre a violencia nos medios, incluíndo o cinema. A estrea limitada en EE.UU. da cinta orixinal impulsou ao director a realizar un remake no ano 2007, esta vez en fala inglesa e coa participación de actores moito máis coñecidos. Lonxe de cambiar a súa idea orixinal e introducir novos elementos, a pureza do relato mantense intacta: movementos e xestos, estrutura, tipos de plano (técnica shot-for-shot).
O remake resulta nun calco da película orixinal, a intención vólvese mesmo máis relevante co paso dos anos e o espectador segue sendo axitado pola forza da mensaxe.


1ª FESTA DAS PALABRAS
CARTEL – 2014

Cartel realizado para a celebración do acto do concurso de micropoemas e microrrelatos ‘1ª Festa das Palabras’.
Publicado no libro recopilatorio das obras gañadoras.


PREBE Nº3
PORTADA / CONTRAPORTADA – 2014

Portada e contraportada realizadas para a edición impresa
da revista ‘Prebe’.